domingo, 24 de junio de 2007

Primeiras victorias do VPV en Ourense

Diego e Cristobal inauguraron o seu palmarés de victorias este ano ao vencer na primeira proba do Circuito Ourensán de Volei Praia 2007 (II Torneo Festas do Corpus). Os vigueses gañaron na final a Pablo Alonso e Yago Álvarez sen excesivas dificultades, resarcíndose así da derrota colleitada ante esta mesma parella no pase ás semifinais. Na categoría feminina o torneo tamén foi dominado polas parellas do VPV xa que Rosana e Luci e as irmáns Vázquez ocuparon os dous primeiros lugares do podium. Mentres agardamos ao comezo das probas dos Circuítos autónomicos (6 de xullo en Ferrol), o Circuito Ourensan de volei praia será a competición elixida polas parellas do club para coller o ritmo dos torneos.

viernes, 25 de mayo de 2007

Lora e Tania entre as mellores universitarias

As parellas do VPV acudiron esta semana a San Javier (Murcia) para disputar o Cpto de España Universitario de Volei Praia. Respecto do ano pasado o nivel xeral dos participantes foi superior (sobre todo na categoría feminina), aínda que, desgraciadamente, os aspectos máis destacables desta edicion foron as malas condicións metereolóxicas do primeiro día (60 km/hora de vento) e a deficiente organización da universidade anfitriona, que desluciron en grande medida o torneo.

A pesar disto, Lora e Tania acadaron un fantástico 5º posto na categoría feminina e únicamente puideron con elas a U. Politéc. de Cataluña (medalla de bronce final e as súas verdugas tamén no 2006). Non obstante este ano puxéronlles as cousas moito máis difíciles á parella catalana que, so ao final do partido, conseguiron distanciarse no marcador. O ano que ven veremos como remata a historia destes duelos...
Na categoría masculina, pola contra, Edu e Román non tiveron sorte e tocoulles no mesmo grupo que a U. de Malaga (medalla de ouro final e cun campión do mundo sub 21 nas súas filas). No partido clave contra a U. de Cantabria polo 2º posto do grupo, unha desacertada decisión arbitral que significou 3 puntos na contra desnivelou o resultado e deixou aos vigueses fóra dos cruces.

sábado, 21 de abril de 2007

O VPV domina o Cpto Galego Universitario

No Campionato Galego Universitario, a primeira competición oficial de volei praia desta temporada, as parellas do Club Volei Praia Vigo venceron tanto en categoría masculina (Edu e Roman) como na feminina (Lora e Tania). O Campionato foi organizado pola UDC na praia de Oza da Coruña e, salvo polo forte vento que se levantou pola tarde, estivo perfecto e deixou claro que os xogadores/as están impacientes por que chegue o verán. Os campións de cada Universidade obtiveron a clasificación para o Campionato de España Universitario de Volei Praia que se celebrará do 21 ao 24 de maio en Cartagena (Murcia).

O podium final do cpto galego foi o seguinte:

Categoría masculina
1ºEdu/Roman (Uvigo)
2ºPablo/Piti (UDC)
3ºNarciso/Jorge (USC)
Categoría feminina
1ºTania/Lora (Uvigo)
2ºLuci/Marga (USC)
3ºAnael/Lorena (UDC)

viernes, 20 de abril de 2007

O NOVO CLUB VOLEI PRAIA VIGO


O club Volei Praia Vigo creouse neste ano 2007 coa finalidade de promocionar a práctica desta modalidade deportiva na cidade de Vigo. Entre os seus integrantes atopamos algúns dos mellores xogadores galegos de volei praia (Diego Pérez, Cristobal Álvarez, etc). Para este ano os obxectivos céntranse en superar as 50 licenzas de xogadores/as e participar en todas as competicións oficiais que se celebren en Galicia. Moita sorte a todos e vémonos na area