viernes, 25 de mayo de 2007

Lora e Tania entre as mellores universitarias

As parellas do VPV acudiron esta semana a San Javier (Murcia) para disputar o Cpto de España Universitario de Volei Praia. Respecto do ano pasado o nivel xeral dos participantes foi superior (sobre todo na categoría feminina), aínda que, desgraciadamente, os aspectos máis destacables desta edicion foron as malas condicións metereolóxicas do primeiro día (60 km/hora de vento) e a deficiente organización da universidade anfitriona, que desluciron en grande medida o torneo.

A pesar disto, Lora e Tania acadaron un fantástico 5º posto na categoría feminina e únicamente puideron con elas a U. Politéc. de Cataluña (medalla de bronce final e as súas verdugas tamén no 2006). Non obstante este ano puxéronlles as cousas moito máis difíciles á parella catalana que, so ao final do partido, conseguiron distanciarse no marcador. O ano que ven veremos como remata a historia destes duelos...
Na categoría masculina, pola contra, Edu e Román non tiveron sorte e tocoulles no mesmo grupo que a U. de Malaga (medalla de ouro final e cun campión do mundo sub 21 nas súas filas). No partido clave contra a U. de Cantabria polo 2º posto do grupo, unha desacertada decisión arbitral que significou 3 puntos na contra desnivelou o resultado e deixou aos vigueses fóra dos cruces.